Dereitos laborais
Os designados membros de mesa para as eleccións do 25 de setembro de 2016, deberán cumprir coas súas obrigacións o día da votación, con independencia da xornada de traballo do día anterior.
Os traballadores por conta allea e os funcionarios nomeados membros de mesa, teñen dereito a un permiso retribuído da xornada completa durante o día da votación, se é laborable. En todo caso, teñen dereito a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.
Para facilitar o cumprimento dos deberes dos membros de mesa, a quenda de noite que comeza o día 25 de setembro ha de computarse como xornada laboral do día electoral, e o dereito de redución de 5 horas da xornada de traballo pode exercerse na quenda de noite seguinte do traballador, a condición de que esta quenda se inicie o día inmediatamente posterior ao das eleccións do 25 de setembro.