Logo Eleccións 2016
Logo da Xunta de Galicia

Paridade electoral

  • ¿Que é a paridade electoral?
    A paridade electoral é a presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política.

    A Lei orgánica do réxime electoral xeral esixe a composición equilibrada das listas electorais que se presenten nas eleccións ao Congreso, eleccións locais, concellos insulares, cabidos insulares canarios, Parlamento Europeo e asembleas lexislativas das comunidades autónomas.

    Esta composición equilibrada supón que no conxunto da lista, e, en todo caso, en cada tramo de cinco postos, os candidatos dun ou outro sexo non poderán estar representados en menos do 40%.