Logo Eleccións 2016
Logo da Xunta de Galicia

Voto do electorado dos residentes permanentemente no estranxeiro

Ampliado o prazo para a solicitude do voto dos electores residentes ausentes ata o 5 de setembro. Más información pulse aquí.

Electores

Poderán votar desde o estranxeiro os/as electores/as inscritos a día 1 de xuño de 2016 no Censo de residentes ausentes que vivan no estranxeiro de forma permanente.

Procedemento:

Encher o impreso oficial de solicitude do voto. Este impreso dirixido á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral (DPOCE) pódese obter:

  • No consulado da súa cidade a partir do 2 de agosto.
  • Na web do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación (www.mae.es), en formato descargable a partir do 2 de agosto ou a través da seguinte ligazón:

Impreso solicitude voto por correo dos residentes permanentemente no estranxeiro

  • Mediante envío da DPOCE ao seu domicilio no estranxeiro antes do 28 de agosto.

Unha vez enchido o devandito impreso achegarase a este, fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou pasaporte ou, na súa falta, certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular expedidos polo Consulado de España no seu país. A dita solicitude enviaraa por fax, por correo ou vía internet á DPOCE correspondente entre os días 2 de agosto e 5 de setembro, procurando facelo canto antes. En relación co envío da citada solicitude por internet o procedemento de envío explícase na Resolución da OCE de 9 de marzo de 2015.

Recibida a citada solicitude na DPOCE, esta remitiralle por correo certificado, ata o 7 de setembro (naquelas provincias onde se impugnou algunha candidatura farase antes do 14 de setembro) ao domicilio da cidade que figure no Censo electoral de residentes ausentes no estranxeiro (CERA):

  • As papeletas e o sobre de votación
  • 2 certificados idénticos de inscrición do electorado no CERA
  • Un sobre co enderezo da Xunta Electoral correspondente que realizará o escrutinio.
  • Un sobre co enderezo da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática da que estean inscritos.

Unha vez recibida a documentación, os/as electores/as teñen dúas posibilidades para exercer o seu dereito a voto.

  • Por correo, remitindo o sobre dirixido á Xunta Electoral competente para o seu escrutinio, por correo certificado e non máis tarde do día 20 de setembro.
  • Depositando o seu voto en urna, entregando persoalmente os sobres na Oficina Consular na que están inscritos, o prazo para realizar o voto será entre o 21 e 23 de setembro, ambos  incluídos.

En ambos os supostos será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre remitido á Xunta Electoral Provincial un cuño ou outra inscrición oficial da Oficina de Correos do Estado que certifique, de modo indubidable,  o cumprimento do requisito temporal.

Tamén é requisito indispensable, que no sobre que se remite á Xunta Electoral Provincial, se engada unha fotocopia do pasaporte ou do documento nacional de identidade (DNI), expedidos polas autoridades españolas, ou na súa falta, unha certificación de nacionalidade expedida polo Consulado de España no país de residencia.

O día do escrutinio xeral (25 de setembro), e antes de que se faga, a Xunta Electoral competente correspondente constitúese en mesa electoral, ás oito horas da mañá, cos/as interventores/as que para tal efecto designen as candidaturas concorrentes.

A continuación, o seu presidente/a procederá a introducir na urna ou urnas os sobres de votación dos residentes ausentes recibidos até ese día, e o/a secretario/a anota os nomes dos/as votantes na correspondente lista. Acto seguido, a Xunta escruta todos estes votos e incorpora os resultados ao escrutinio xeral.