Logo Eleccións 2016
Logo da Xunta de Galicia

Subvencións por gastos

As subvencións por gastos recóllense na Lei 9/2015, de 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e das fundacións e entidades vinculadas ou dependentes delas. Para acceder ao texto completo pulse aquí

Tipos e requisitos:

  • Por resultados electorais
    • 20.889,10 euros por cada escano obtido no Parlamento de Galicia
    • 0,77 euros por cada un dos votos conseguidos en cada candidatura, se un, polo menos, dos membros desta obtivo escano de deputado/a
  • Por envíos electorais
    • 0,22 euros por persoa electora en cada unha das circunscricións nas que o candidato presentase candidatura.

Anticipos das subvencións

A cantidade anticipada non poderá exceder do 30% da subvención total para gastos electorais percibida polo mesmo partido, federación ou coalición.

 Solicitude:

  • Os anticipos solicitaranos os administradores/as das candidaturas ante a Xunta Electoral de Galicia entre os días vixésimo primeiro e vixésimo terceiro posteriores ao da convocatoria (do 23 ao 25 de agosto), con expresión da porcentaxe solicitada.

Concesión:

  • A partir do vixésimo noveno día posterior ao da convocatoria (31 de agosto), o órgano competente da Administración xeral da Comunidade Autónoma porá a disposición dos administradores os anticipos correspondentes.
  • A cantidade recibida será descontada da subvención que lle corresponda a cada formación política ou será devolta na contía en que superase o importe daquela subvención definitiva.
  • Nos cen e cento vinte e cinco días posteriores ao das eleccións, as formacións políticas que reúnan os requisitos ou que solicitasen anticipos deberán presentar ante o Consello de Contas unha contabilidade detallada dos seus respectivos ingresos e gastos electorais. Así como o número de envíos realizados ás persoas electoras de sobres e papeletas electorais e de propaganda e publicidade electoral.
  • Dentro do mes seguinte ao da recepción do informe do Consello de Contas, o Consello da Xunta presentará ao Parlamento o proxecto de crédito extraordinario polo importe das subvencións a adxudicar, as cales haberán de facerse efectivas dentro dos cen días posteriores ao da aprobación pola Cámara, previa resolución de outorgamento.