Logo Eleccións 2016
Logo da Xunta de Galicia

Instrucións medios de comunicación

O próximo 25 de setembro terán lugar as comparecencias ante os medios de comunicación dun representante do Goberno con motivo das Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. As comparecencias terán lugar no salón de actos grande (nº1) da Presidencia, no Edificio Administrativo de San Caetano.

ACREDITACIÓNS

O prazo para acreditarse finalizará as 18.00 horas do mércores 21 de setembro.

Os xornalistas que vaian cubrir a información electoral deberán remitir á dirección comunicacion@xunta.gal os seguintes datos:

  • Medio de comunicación
  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Función
  • Correo electrónico e teléfono móbil

Tanto a entrega das acreditacións como o acceso ao edificio na xornada electoral e na previa para montaxe (dende o sábado 24 as 09.00 h.), farase unicamente pola entrada principal da Presidencia da Xunta, rúa San Caetano s/nº, Edificio Administrativo de San Caetano (enfronte á capela de San Caetano). Os interesados, tras identificarse persoalmente, poderán recollelas a partir das 09.00 horas do día 24 de setembro.

Non serán válidas para esta xornada as acreditacións permanentes de prensa expedidas pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

TELEVISIÓNS

A Xunta de Galicia suministrará sinal realizado das distintas comparecencias e ademais facilitará localizacións para a realización dos directos, con tomas de corrente, WIFI, RDSI (1 por medio, previa solicitude no momento de acreditarse), tomas de audio e vídeo no interior do salón no que se ofrecerá sinal de video en formato PAL Composto 16:9 e sinal de audio analógico XLR-Canón. No exterior para as unidades móbiles de satélite ofrecerase sinal de video en formatos SDI/SD 16:9 e PAL Composto 16:9 e sinal de audio analóxico XLR-Canon, así como unha sinal independente en linguaxe de signos.

Así mesmo, facilitarase o acceso aos xardíns interiores de San Caetano para situar unidades móbiles de satélite de TV. Os medios que o precisen, deberán enviar á mesma dirección de correo electrónico a matrícula do vehículo e os datos do condutor e técnico.

RADIOS

A Xunta de Galicia subministrará sinal de audio das distintas comparecencias e ademais facilitará postos en mesa para poder realizar os directos, con tomas de corrente, WIFI, RDSI (1 por medio, previa solicitude no momento de acreditarse) e toma de audio no interior do salón (audio analóxico XLR-Canón).

PRENSA ESCRITA E AXENCIAS

A Xunta de Galicia facilitará postos en mesa, con tomas de corrente, WIFI, e toma de audio no interior do salón (audio analóxico XLR-Canon).

VEHÍCULOS

Todos os vehículos, exceptuando as unidades móbiles de satélite de TV, deben estacionar no exterior do Edificio Administrativo de San Caetano, nas zonas reservadas ao efecto.

Os teléfonos de consulta para acreditacións son o 981 54 12 33 / 981 54 12 42

DESCARGA DE FICHEIROS

Aqueles medios interesados en acceder á descarga de ficheiros dos datos electorais para o seu procesado, deberán enviar á dirección prensa.cpr@xunta.gal a seguinte información de contacto:

  • Nome, apelidos. 
  • DNI da persoa de contacto.
  • Medio de comunicación ao que pertence.
  • Correo electrónico.
  • Teléfono de contacto.

Arredor de 10/12 días antes da xornada electoral recibirá unhas claves para poder acceder á descarga de ficheiros e tamén mostras/exemplos para poder facer as probas de procesado con anterioridade ao día 25.

O teléfono de consulta para a descarga de ficheiros e o 981 54 12 34