Logo Eleccións 2016
Logo da Xunta de Galicia

Voto de enfermos e impedidos

Electores

Persoas que por enfermidade ou incapacidade non poden solicitar persoalmente o voto por correo.

 

Procedemento

En caso de enfermidade ou incapacidade que impida a formulación persoal da solicitude, cuxa existencia deberá acreditarse por medio de certificación médica oficial e gratuíta, aquela poderá ser efectuada en nome do elector por outra persoa autorizada notarial ou consularmente mediante documento que se estenderá individualmente en relación con cada elector e sen que neste se poida incluír a varios electores, nin unha mesma persoa representar a máis dun elector. A Xunta Electoral comprobará, en cada caso, a concorrencia das circunstancias a que se refire este apartado.

Comprobada a circunstancia pola Xunta Electoral competente, transmitirase a solicitude, só se se achega o certificado médico acreditativo da enfermidade ou incapacidade.

A Delegación da Oficina do Censo Electoral correspondente, enviará por correo certificado, entre os días 5 ao 18 de setembro ao domicilio indicado pola persoa na solicitude do voto por correo toda a documentación necesaria para exercer o voto xunto cunha folla explicativa.

Recibida esta documentación, debe proceder inmediatamente a realizar as operacións que se indican no apartado sobre o voto por correo dos residentes en España. Lembre que o último día para enviar o voto é o 21 de setembro.