Logo Eleccións 2016
Logo da Xunta de Galicia

Funcións principais

A Presidencia da mesa é a máxima autoridade no local electoral e é quen decide a actuación a realizar ante calquera situación durante a xornada de votación.

Ademais quen preside a mesa é responsable do cumprimento das normas de orde pública dentro do local electoral, e mesmo nos arredores, durante a xornada electoral para garantir a liberdade de voto do electorado e o cumprimento da lei.

 Facultades da Presidencia da mesa:

  • Ten, dentro do local electoral, a autoridade exclusiva respecto do mantemento da orde pública.
  • A estes efectos, a Presidencia pode solicitar a intervención dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, destinada a protexer os locais electorais, quen prestará o auxilio que se lle requira.